About this role
Na Asociación Amicos traballamos cada día para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual, autismo e das súas familias. Facémolo dende a inclusión, o compromiso social e o traballo en equipo.
Agora buscamos captadores/as, persoas comunicativas, con sensibilidade social e ganas de formar parte dun proxecto con impacto real. Serás a imaxe de Amicos, informando e sensibilizando á cidadanía sobre a nosa labor, convidando ás persoas a colaborar de maneira continuada coa asociación. Non é só un emprego: é concienciación, diálogo e compromiso social.
- Se ofrece - Contrato indefinido dende o primeiro día Xornada parcial de 25 horas semanais con alta na Seguridade Social.
- Estabilidade laboral Apostamos por relacións laborais duradeiras.
- Salario fixo + incentivos Salario base de 900 € máis incentivos mensuais. Salario medio aproximado: 1.250 € ao mes.
- Formación inicial e acompañamento continuo Non é necesaria experiencia previa. Nós formámoste e acompañámoste en todo o proceso.
- Bo ambiente de traballo e equipo humano Un equipo comprometido, próximo e con valores.
- Obxectivos realistas e alcanzables Recoñecemos o teu esforzo e implicación.
- Horario preferentemente de mañá Ideal para compatibilizar con estudos, familia ou outros proxectos persoais.
- Medidas de conciliación Porque coidar ás persoas tamén é coidar a quen traballa connosco.
Compromiso coa igualdade Esta oferta está redactada seguindo criterios de imparcialidade e de non discriminación por razón de xénero, raza, ideoloxía ou calquera outro motivo, conforme á normativa vixente en materia de igualdade (Real Decreto-Lei 6/2019).