About this role
Baixo a coordinación de CIDEL Galicia, a persoa seleccionada participará no desenvolvemento de iniciativas de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, combinando o traballo directo con mocidade e profesorado coa planificación, a xestión técnica e o seguimento de proxectos. Entre as actuacións previstas están SENDA 2030. Xeración Eco-Étika (consorcio coa Universidade de Vigo) e RePlay Juventud × Derechos (consorcio con Fundación Balms para la Infancia), financiadas pola Xunta de Galicia.
Responsabilidades
- Deseñar e desenvolver obradoiros, laboratorios e procesos participativos con mozas e mozos, profesorado e comunidade educativa, arredor dos dereitos humanos, a igualdade, a participación e a sustentabilidade.
- Planificar, organizar e acompañar actividades e proxectos educativos en coordinación con centros de ensino, universidades e entidades sociais, incluídos os encontros, a Feira da Sostibilidade e o Seminario Internacional previstos nas iniciativas en marcha.
- Elaborar materiais educativos e contidos para comunicar as actividades e resultados dos proxectos nos que participe, en coordinación coas persoas responsables da comunicación de CIDEL Galicia.
- Realizar o seguimento técnico das intervencións, indicadores e fontes de verificación; preparar informes e colaborar na organización da documentación necesaria para a xustificación técnica e económica das subvencións.
- Identificar convocatorias e oportunidades de financiamento, analizar os seus requisitos e participar na formulación de novas propostas de EpDCG e cooperación, incluíndo memorias, indicadores e orzamentos.
- Organizar o traballo operativo coa persoa técnica de apoio e participar nas reunións de coordinación e nos espazos de traballo que se determinen Condicións laborais Xornada: 25 horas semanais.
- Período previsto: do 1 de novembro de 2026 ao 31 de xullo de 2027.
- Modalidade de traballo: teletraballo, con referencia organizativa en Vigo–Pontevedra e desprazamentos presenciais aos centros, actividades e reunións que o posto requira.
- Condicións económicas: segundo o convenio colectivo.