Now hiring

Modernización administrativa, dixitalización interna e soporte administrativo @ Servicio Público de Empleo (HACESFALTA)

Santiago de Compostela, Galicia, ESOnsiteFull-time
Apply with ResuMinder

Opens on the employer's site

About this role

Na Asociación Arraianas precisamos incorporar ao noso equipo de traballo un ou unha profesional na área de administración. Funcións do posto: - Xestión integral de subvencións: Apoio nas distintas fases (solicitude, seguimento económico, execución e xustificación técnica e financeira) de axudas públicas (Xunta de Galicia, entidades locais, etc.) e privadas. -Xestión económica e administrativa: Contabilidade diaria da asociación, control de orzamentos, tesouraría, facturación e xestións laborais básicas en coordinación coa xestoría externa. -Dixitalización e optimización interna: Axilizar os procesos da entidade mediante a implantación e mantemento de ferramentas na nube, bases de datos e novos sistemas de xestión documental da propia asociación. -Atención ao público e recepción institucional: Xestión da centralita telefónica e acollida presencial das visitas na sede.

Responsable de recoller recados, canalizar as demandas de información e derivar axeitadamente as chamadas ou usuarios cara aos profesionais de referencia correspondentes. -Apoio na comunicación social: Colaborar na xestión documental ou soportes dixitais vinculados á comunicación para o cambio social da entidade.

Ready to apply?

Install the ResuMinder extension and we'll auto-fill the application in seconds — no rewriting.

See how your CV scores